Política de privacidade
Responsable do tratamento: Miguel Taboada (vigomanitas.com), unmedia [arroba] me.com.
Que datos tratamos e para que
- Anuncios de profesionais: nome ou nome comercial, teléfono, email (opcional), descrición, zonas e foto. Trátanse para publicar o anuncio que ti mesmo solicitas (execución dun contrato, art. 6.1.b RXPD). O teléfono e o nome publícanse para que os clientes poidan contactarte: ese é o fin do servizo.
- Valoracións: nome que indiques e texto. Base: consentimento (art. 6.1.a).
- Datos técnicos: enderezo IP nos rexistros do servidor e nos contadores antiabuso (interese lexítimo na seguridade, art. 6.1.f). Os contadores de contacto gárdanse de forma agregada, sen identificarte.
Conservación
Os anuncios consérvanse mentres non os deas de baixa coa túa ligazón de edición ou nolo pidas por email. Os rexistros técnicos bórranse periodicamente.
Destinatarios
Non cedemos datos a terceiros nin os usamos para publicidade. O sitio alóxase nun servidor na Unión Europea.
Os teus dereitos
Podes exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade escribindo ao email de contacto. Tamén podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es).